martes, 21 de julio de 2009

1ª Copa Diputación de Ourense de Kickboxing


o pasádo sábado día 18, celebrouse en Ourense, no pabillón "Paco Paz" a 1ª Copa diputación de Ourense de Kickboxing, organizada pola Federación Galega de Kickboxing e DD.AA.. Organizouse en dous formatos: 1: Competidores de Kickboxing Debutantes: Para as especialidades de LIGHT-CONTACT, LOW-KICK CONTROL CONTACT, FORMAS e MMA, en toda-las categorías e pesos cuxo formato está pensado pra darlle alternativa a xóvenes valores no seu proceso de aprendizaxe e adquisición de experiencia na competición, posto que só poderán participar os competidores debutantes ou de escasa experiencia na competición, e en ningún caso sexan ou fosen medallistas en campionatos galegos absolutos, no presente ano ou en anos anteriores das especialidades anteriormente nomeadas.

2 Competidores de Kickboxing Amateur: Para as especialidades de FULL-CONTACT e LOW-KICK, en toda-las categorías e pesos para competidores con experiencia na competición, medallistas en campionatos galegos absolutos, no presente ano ou en anos anteriores das especialidades anteriormente nomeadas.


Pras finais provinciais llevaránse a cabo de 16:00h a 18:30h, nunha área habilitada con tatami de 8x8m, e un Ring de 6 x 6m, nesta 1ª Edición da, COPA DIPUTACIÓN DE KICKBOXING DA EXCMA. DIPUTACION DE OURENSE, están inscritas 11 entidades deportivas, 108 deportistas nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevin, Cadete, xuvenil e Absoluta en ambo-los sexos.