sábado, 29 de diciembre de 2007

PRIMEIRO TORNEO "CIDADE DE FERROL"


O sabado dia 26 de xaneiro de 2008 celebrarase en ferrol, por parte da Asociación Galega de Kickboxing, o primeiro campionato de Kickboxing "cidade de Ferrol" que constara de 6 combates, 1 campionato de españa Profesional e varias exhibicions das distintas modalidades deste deporte. Gostarianos ver alí a todo o colectivo do Kickboxing en Galiza, apoiando estas actividades oficiais para que a quen lle corresponda vexa que este e un deporte de futuro, que non esta de brazos cruzados mirando para o ar, senon que se esta a traballar intensamente para sacalo adiante. Precisamos a colaboración de todo-los kickboxers e aficionados do Pais. FEDERACIÓN GALEGA DE KICKBOXING XA !!!!!!!!!!!!!!!!!!

Un saudo deportista.

lunes, 24 de diciembre de 2007

Resultados do campionato de españa neo-profesional

CAMPiONATO DE ESPAÑA NEO-PROFESIONAL OFICIAL DE KICKBOXING 2007

CAMPIONATO DE ESPAÑA NEO-PROFESIONAL OFICIAL DE KICKBOXING 2007.Celebrados en Marbella (MALAGA) o sábado 17 de Novembro do presente mes. Sen dubida e outro gran éxito para o deporte galego e en especial para a nosa Asociación Galega de Kickboxing.integrada na F.E.K ostentando de maneira exclusiva a representación de esta para la comunidade autónoma galega. A A.G.K. aportou a este cto. de España neo-pro de kickboxing 2007 a dous competidores co seguinte resultado: CARLOS ALVAREZ GONZALO "CHARLI" na categoria -57kg, na especialidade de Fullcontact, 1º clasificado e Campión de España. DANIEL GALDO DIAZ, 3º clasificado , na categoria -60kg, na especialidade fullcontact. noraboa os competidores por o seu éxito, que o e de todo o colectivo da Asociación Galega de Kickboxing,entrenadores, árbitros , ect. e do deporte galego en xeral.