sábado, 26 de abril de 2008

XUNTANZA EN MELIDE DE ALUMNOS DA ESCUELA AYUDE 2


Hoxe celebrouse en Melide unha xuntanza de antigos alumnos da Escuela ayude, e dos alumnos destes no que colaborou o Concello de Melide prestandonos o polideportivo municipal, xa que o ximnasio facíasenos pequeno para tanta xente. A el asistiron preto de corenta persoas das catro provincias Galegas.
Na xuntanza deronse as nocions basicas de defensa personal,para aprender a defenderse de distintos ataques utilizando tecnicas de escape ante diferentes agarres, luxacions, bloqueos, etc.
Logo do entrenamento acudiuse a comer todos xuntos a un coñecido local da vila onde estivemos cambiando impresions sobre o que lle pareceu a xente o curso, e quedamos de repetilo en breve para poder seguir avanzando no que e a practica da autodefensa.