martes, 3 de febrero de 2009

O TABACO Ulloa deza kickboxing


QUE E?
O tabaco e unha droga estimulante do sistema nervioso central.Un dos seus compñentes, a nicotina, posue unha gran capacidade adictiva, i e a causa pola que o seu consumo produce dependencia.
Durante a combustión do tabaco orixinanse mais de 4000 productos tóxicos diferentes. Entre eles, destacan pola sua especial peligrosidade e polas enfemidades as que poden asociarse, os seguintes:
ALQUITRANS: Responsábeis dos destintos tipos de cancro.
MONÓXIDO DE CARBONO: Favorece as enfermidades cardiovasculares.
IRRITANTES (fenoles, amoníacos, ácido cianhídrico): Responsabeis de enfermidades respiratoriascomo a bronquite crónicae o efisema pulmonar.
NICOTINA: Causa a dependencia do tabaco. ten unha vida media aproximada de duas horas, pero a medida que disminue a sua concentración no sangue aumenta o desexo de fumar.
OUTROS COMPOÑENTES: Arsénico, níquel, cadmio, polonio 210, acetona e metanol entre outras sustancias caceríxenas ou tóxicas.

QUE EFECTOS INMEDIATOS PRODUCE NO ORGANISNO?
Fumar un cigarrillo significa expoñerse a numerosas sustancias perxudiciais para a saude e o risco de desenrolar unha dependencia.
o MONOXIDO DE CARBONO atopase no fume do tabaco, e pasa o sangue a través dos pulmons. E o resposabel do dano no sistema vascular por unha parte, e da disminución do transporte de osíxeno os texidos do noso organismo pola outra. Produce fatiga, tos e expectoración.
A NICOTINA actúa sobre as áreas do cerebro que regulan as sensacións pracenteiras, provocando a aparición de dependencia. Tamén actúa sobre o sistema cardiovascular aumentando a frecuencia cardiaca e a posibilidade de arritmias. Ademais, produce cambios na viscosidade sanguinea e aumenta os niveis de triglicéridos e colesterol.
A diferenza da imaxe atractiva que ten as veces, o tabaco produce o pouco tempo de empezar a consumirse algunha alteracións pouco desexábeis entre as que se atópan:
Arrugas prematuras na zoa do beizo superior, o redor dos ollos (patas de galo), barbilla, meixelas, e coloración grisacea da pel que ven a ser o chamado "rostro de fumador".
Manchas nos dentes, infeccións e caries dentais.
Mal alento e mal olor corporal por impregnación do cheiro do tabaco.
Manchas amarelas nas uñas e dedos.
EFECTOS A CURTO PRAZO:
Aumento de catarros de repetición.
Aumento da tos.
DISMINUCIÓN DO RENDEMENTO DEPORTIVO.
Perdida do apetito.
QUE RISCOS E CONSECUENCIAS TEN O SEU CONSUMO?
Según a OMS, o tabaco e a primeira causa evitable de enfermidade, invalided e morte prematura no mundo. En Europa, o tabaco mata cada ano a 1,2 millons de persoas. Esta relacionado directamente coa aparición de 29 enfermidades das cales 10 son diferentes tipos de cancro, é a principal causa de boa parte de mortes por cancro de pulmón e de mais do 50% das enfermidades cardiovasculares.