miércoles, 31 de diciembre de 2008

Defensa Personal Antiviolaciones


www.Tu.tv


aqui tedes alguns consellos para defenderse dunha violación

viernes, 26 de diciembre de 2008

I xuntanza de loitas olimpicas do centro de galiza


O pasado sabado dia 20 de decembro de 2008 celebrouse en Melide a I xuntanza de loitas olímpicas do centro de Galiza, reunindo a unha gran cantidade de rapaces dos concellos de Melide, Touro, Boqueixón, Vila de Cruces, Lalin, Palas de Rei e demais concellos limitrofes. a xuntanza contou coa colaboración da Federeación Galega de Loitas Olimpicas e da conselleria de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza así coma do Concello de Melide.

martes, 16 de diciembre de 2008

RESULTADOS DA VELADA DE KICKBOXING EN NARÓN




A velada de kickboxing celebrada o día 13 de decembro de 2008 en Narón (Ferrol) contou cunha gran aceptación entre os aficcionados a este deporte, os combates foron moi vistosos e de unha gran calidade tanto dos deportistas Galegos coma dos das outras comunidades e Paises asistentes.
Os resultados destes combates foron os seguintes:
Combate nº 1 -60KG full contact.
Fco Javier Martin, de Narón (Galiza) VS Javier Perez, de A Coruña (Galiza) resultando gañador por maioria absoluta dos xuices, Francisco Javier Martin de Naron.
Combate nº 2 -60KG full contact.
Ismael Busom, de Ferrol (Galiza) VS Jose Antunes, de Guimarães (Portugal) resultando combate NULO por igualdade de puntuación dos dous competidores.
Combate nº 3 -76KG full contact.
Roberto Saenz, de Ourense (Galiza) VS Pedro Peixoto, de Guimarães (Portugal) resultando gañador por maioria absoluta dos xuices, Pedro Peixoto de Portugal.
Combate nº 4 -76KG full contact.
Alex Lage, de Narón (Galiza) VS Joni Salgado, de Guimarães (Portugal)
Resultando gañador por abandono do seu contrincante no segundo asalto Alex Lage de Narón.
Combate nº 5 -88KG kickboxing.
Marcos Rodriguez, de Ribadavia (Galiza) VS Francisco Oliveira, de Guimarães (Portugal) Non se puido celebrar este combate ao non presentarse o competidor Luso por motivos persoais.
Combate nº 6 -72,5KG full contact.
Manuel Mayobre de Ferrol (Galiza) VS Francisco Peiteado de Llanes (Asturias) Resultando gañador co voto de dous xuices e cun empate por parte do outro xuiz Francisco Peiteado de Asturias.
Combate nº 7 +88KG full contact.
Javier Iglesias de Ourense (Galiza) VS Antonio Sousa de Guimarães (Portugal) Resultando gañador, pola diferencia de un punto Javier Iglesias de Ourense.
Combate nº 8 -64,5KG kickboxing.
Noe quirós de Llanes (Asturias) VS Carlos Mendes de Guimarães (Portugal) Resultando gañador por maioria absoluta dos xuices, Carlos Mendes de Portugal.
Combate nº 9 -64,5KG kickboxing.
Iago Barros de A Coruña (Galiza) VS Luis Antunes de Guimarães (Portugal) Resultando gañador co voto de dus xuices contra un, Iago Barros de A Coruña.
Combate nº 10 -76KG full contact. Campeonato de España neo-profesoinal versión FEK.
Manuel Gonzalez de Porriño (Galiza) VS Juan L. Arrechavaleta de Arnedo (La Rioja) Resultando gañador e campión de España Neo-pro, por maioria absoluta dos xuices, Manuel Gonzalez de Porriño.
Combate nº 11 -60KG full contact. Campeonato de España Profesional versión FEK.
Daniel Galdo de Narón (Galiza) VS Alberto Fernandez de Ourense (Galiza) Resultando Gañador e Campión de España Profesional, por maioria absoluta dos xuices, Daniel Galdo de Narón.

Aparte destes combates cabe destacar a calidade das exhibicions que se celebraron ó longo da noite:
Combate EXHIBICIÓN de kickboxing infantil masculino entre Mario Perez da “escuela Cipri Gomez” e Alfonso Quintás do “clube kickboxing Bapu”.
EXHIBICIÓN de full contact infantil, realizada por dous alumnos da “escuela Cipri Gomez”
EXHIBICIÓN de muai-thay infantil,realizada por dous alumnos do “clube Bapu”
EXHIBICIÓN de defensa persoal infantil, realizada por dous alumnos do “clube Bapu”
EXHIBICIÓN de Aero-kickboxing, realizada por duas alumnas do “blackick competición”
Asi como a interpretación antes dos dous campionatos de España, do Himno Galego e da Marcha do Antergo Reino De Galiza, por parte do Gaiteiro de Narón, Ricardo Mouriño.